BEACH UMBRELLA
Dani Polo presenta
BEACH UMBRELLA

A praia inunda o teatro
A primeira imaxe que nos atopamos en canto abre o telón é un home lendo unha revista no seu posto de alugueiro de antucas na praia. Ler a revista é magnífico, pero… é hora de abrir o chiringuito! A música soa e comezan a aparecer antucas de todos os tamaños e cores para poder ofrecer aos seus futuros clientes.
A imaxe final contrasta altamente co inicio, acaba o show cun incrible despregamento de antucas que ocupan todo o escenario.
Un acto cunha posta en escena completamente nova que nos trasladará ás máis exóticas praias e onde Dani rapidamente contaxia co seu bo «roio de praia».
Un acto de 7 minutos de duración pensado para galas e festivais de maxia.
Duración: 7 minutos
Para Galas e Festivais
Galería






