EUFORIA
Dani Polo presenta
EUFORIA

MAXIA AO GRANDE
EUFORIA é o soño dun neno que de cativo namorouse da maxia ao ver un mago en televisión, o cal conseguía teletransportar a unha persoa dun lugar a outro. Ese foi o comezo dunha traxectoria chea de ilusións.
EUFORIA é a última proposta do ilusionista galego Dani Polo, unha aposta ambiciosa caracterizada pola maxia de gran formato, cunha posta en escea realmente espectacular.
Persoas que aparecen da nada, voan no escenario ou mesmo se dividen en múltiples pedazos, absolutamente todo é posible grazas a un equipo artístico que ten como misión que cada un dos asistentes sinta o imposible, que sinta auténtica Euforia.
EUFORIA foi premiado no 2022 como o espectáculo mellor valorado polo público dentro da programación cultural anual da Cidade de Vigo. Estivo presente en escenarios de importantes festas como as Festas de verán de Ferrol ou as Festas de María Pita (A Coruña), así como nos mellores teatros e auditorios.
Duración: 80 minutos
Público: Familiar