BIOGRAFÍA
BIOGRAFÍA
En 2010 prodúcese o debut oficial de Dani Polo sobre os escenarios no festival Compostela Máxica, sobre as táboas do Teatro Principal de Santiago de Compostela. En 2014, con tan só 16 anos, Dani logra o segundo premio no concurso do Festival Internacional de Maxia de Almussafes (Valencia) e no 2017 regresa, cunha nova proposta, para obter nesta ocasión o primeiro premio no mencionado certame. Ese mesmo ano, Dani consegue en Manresa o Premio Nacional de Maxia e recibe mencións especiais por parte das sociedades máxicas de países como Italia, Francia ou Brasil.
Dani Polo continúa a súa carreira e en 2018 chegará outro momento clave, a súa participación no programa “Pura Maxia” de Televisión Española, un talent show de maxia emitido en prime time durante 10 semanas no que Dani logra chegar á final. Os seus premios anteriores e o seu paso por TV fan que ese mesmo ano, en 2018, Dani reciba no Congreso Nacional de Maxia de Francia, celebrado na localidade de Arcachón, o Premio Ali Bongo, un recoñecemento que o consagra como novo artista revelación do continente europeo.
Durante este tempo, Dani compaxina as súas actuacións coa produción de eventos, como o Festival Internacional de Maxia de Ames ou o Festival Internacional de Maxia de Melide, e cos seus estudos, xa finalizados, o grao en Comunicación Audiovisual e o Máster en Novas Tendencias da Comunicación e o Xornalismo.
Dani Polo continúa traballando, creando novas propostas e espectáculos, e a súa maxia vai alcanzando un novo nivel. Os seus shows caracterizaranse por unha posta en escena impactante, números visuais e con moito ritmo, todo iso acompañado dun gran equipo de persoas, que xuntos logran ilusionar a públicos de diferentes lugares e partes do mundo.
No 2024, con experiencia previa en televisión, Dani presenta un programa en Televisión de Galicia, que leva por nome “Fake News”, un concurso de rúa onde a xente debe diferenciar a información verdadeira da información falsa para así, gañar cartos. No 2025 presentará un novo programa da TVG, o “Curso Acelerado de Galeguidade”, que fai un repaso polos principais temas da idiosincrasia galega e tamén será presentador da Primeira edición dos Premios AGalega.gal, un programa especial da Televisión de Galicia que premia os mellores contidos das súas plataformas dixitais.