PRESENTACIÓN DE EVENTOS
Dani Polo
PRESENTACIÓN DE EVENTOS

Maxia personalizada para eventos
Dani Polo é mago e comunicador, o presentador perfecto para calquera evento onde se busque xerar ilusión e sobre todo, facelo inesquecible.
Maxia adaptada e personalizada exclusivamente para a temática e necesidades de cada evento ou presentación en particular. Unha experiencia nova que quedará na mente de cada un dos convidados durante moito tempo.
Dani presentou a súa maxia en diferentes actos, como a Entrega de Premios Catas de Queixos e Meles de Galicia, as Xornadas de Degustación e Maridaxe dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, entregas de premios deportivos ou a presentación de novos produtos en diferentes entidades e empresas.
Galería




















