TELEVISIÓN
Dani Polo
TELEVISIÓN
FAKE NEWS
Dani Polo presenta “FAKE NEWS”, o novo e entretido concurso da Televisión de Galicia.
Un programa divertido onde o presentador asalta a persoas pola rúa na procura de posibles concursantes dispostos a participar e gañar diñeiro. Unha simple proba de coñecemento onde o concursante debe adiviñar se a información e os titulares propostos por Dani Polo son verdadeiros ou falsos, son certos ou son fake. A recompensa: 20 euros por acerto e ata un total de 100 euros por concursante.
Un concurso dinámico, fresco e actual que cada semana fai parada en dúas cidades ou pobos diferentes de Galicia.
Podes consultar os diferentes episodios en https://www.agalega.gal/videos/category/20008-fake-news
Galería
AQUÍ GALICIA FEST
Dani Polo presenta, xunto con Lucía Veiga, o programa Aquí Galicia Fest, un formato emitido na Televisión de Galicia que durante o verán percorre as principais vilas e cidades galegas montando unha auténtica festa alá por onde pasa.
Premios á gastronomía local, premios ao amor ou aos veciños e veciñas máis carismáticos. Todo iso, mesturado con impresionantes actuacións de baile, maxia e grupos tradicionais, así como da visita dun pregoeiro ou pregoeira en cada entrega.
Podes gozar de novo da gran festa do Aquí Galicia Fest en
https://www.agalega.gal/videos/category/27368-aqui-galicia-fest
Galería
Maxia en televisión
Dani Polo levou a súa maxia a importantes programas de televisión a nivel nacional, destacando:
“Y Ahora Sonsoles” (Antena 3). Dani Polo acode como convidado o programa da xornalista Sonsoles Ónega, onde consegue facer que ocorran cousas imposibles e fai levitar a un dos colaboradores do programa.
“Pura Magia” (TVE). Dani Polo é finalista do talent show de magos e magas “Pura Magia”. Ao longo de 10 semanas, Dani mostra a súa maxia neste programa emitido en Televisión Española en Prime time, conseguindo chegar á gran final.
“Got Talent” (Telecinco). Dani Polo leva a súa maxia máis espectacular e tecnolóxica ao máis coñecido e famoso concurso de talentos do mundo, conseguindo a valoración positiva do xurado.
“Luar” (TVG). Dani Polo tamén enche de maxia o estudio do coñecido programa de variedades “Luar”, na Televisión de Galicia. Un dos espazos máis lonxevos da televisión actual
Galería
CURSO ACELERADO DE GALEGUIDADE
Dani Polo presenta na Televisión de Galicia o programa “Curso Acelerado de Galeguidade”, un percorrido polos principais temas da idiosincrasia galega. Dende o tempo en Galicia ata as nosas paisaxes, pasando pola gastronomía ou as nosas festas máis míticas.
Cada programa afonda nun tema que se repasa mediante 5 leccións. Un programa divulgativo, levado con espontaneidade e humor, pensado para galegos e galegas de corazón!
Podes consultar os diferentes capítulos en
https://www.agalega.gal/videos/category/25626-curso-acelerado-de-galeguidade
Galería
PREMIOS AGALEGA.GAL
Dani Polo presenta a primeira edición dos Premios AGalega.gal, na Televisión de Galicia.
Acompañado de Belén Puime e Uxía Vázquez, os tres presentan un especial da TVG onde se premian os mellores contidos das tres plataformas dixitais da CRTVG (AGalega.gal, Xabarin.gal e AGalegaaudio.gal).
Podes consultar a gala en
https://www.agalega.gal/videos/category/26075-premios-agalegagal
Galería
