ZZZ

Dani Polo presenta

ZZZ

HIPNOSIS. CONFÍA

ZZZ é un espectáculo de hipnose onde vas poder descubrir todo o potencial da mente humana. Durante o show cada voluntario que o desexe será guiado para entrar nun profundo estado de hipnose. Un espectáculo interactivo onde pode ocorrer de todo: Persoas que esquecen o seu nome, que son expertos modelos ou que se atopan como reféns dun secuestrador!  

Un show completamente novo, realizado con total respecto e profesionalidade,  onde ninguén vai poder dar crédito do que está a suceder e no cal as risas están máis que aseguradas. Unha experiencia que seguro será lembrada por moito tempo. Non temas! E prepárate para viaxar máis aló dos límites da túa mente!

Duración: 70 minutos
Público: Adulto

Contacta